Aquí
estamos o xoves, todos,
o entroido imos comezar
déixovos o testamento,
para que me poidades queimar.
Aos
pequenos de Infantil,
que tan xoguetóns son,
déixolles uns mandilóns,
varios chupetes e un biberón.
Aos
de primeiro, segundo e terceiro,
e aos
de cuarto, tamén,
déixolles as zapatillas
para que xoguen moi ben.
Déixolle
ao terceiro ciclo
as miñas ganas de traballar;
a ver se se aplican un pouco
e deixan a lata de dar.
Agora
tócalles aos profes,
que a peor parte han levar;
déixolles as miñas tripas
¡para que as poñan de colar!
¡VIVA O ENTROIDO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario