Esta mañá tivemos visita do alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Manuel Masdías. Os anfitrións fomos os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º do noso cole. Queriamos coñecernos porque dentro duns días, algúns de nós compartiremos a viaxe de fin de curso. Así que ás nosas profes pareceulles unha boa idea organizar un encontro, pero un encontro para todos e todas, porque facer amigos sempre é unha boa opción aínda que non todos vaiamos viaxar. Ao principio estabamos un pouco ¿cortados?, pero non hai como xogar un pouco para reaccionar.
Pegatina para identificarnos, porque eramos tantos... |
Xogamos, "merendamos", volvemos xogar... e, ao final, fomos todos á biblioteca a facernos uns agasallos de intercambio, uns marcapáxinas, por certo, trouxéronnos uns marcapáxinas preciosísimos; e unhas libretiñas que nos servirán para anotar anécdotas ou información na excursión; ou simplemente nos quedarán de recordo. Tamén aproveitamos para ensinarlles rápidamente a biblio, a parte nova coa exposición do Libro Antigo.
O tempo pasóusenos voando e sóubonos a pouco, pero para a próxima vez que nos vexamos, xa imos saber quen somos, e iso é importante.
¡GRAZAS POLA VOSA VISITA E
POLOS VOSOS AGASALLOS.
PASÁMOLO FENOMENAL!
¡ATA PRONTO!
Na BIBLIOTECA XOÁN FARIAS.
Encantame o conto de sexto, e tamen o de quinto .
ResponderEliminar