jueves, 23 de mayo de 2013

AVALIANDO ENQUISAS

Como cada curso, cando chegamos a sexto, cara ao final do curso, tócanos facer as contas das enquisas de valoración das actividades da Biblioteca. As dos alumnos. Hoxe puxémonos con iso, e aí nos tedes, atarefados facendo reconto e máis reconto dun montón de preguntas. Logo de ter recollidos todos os datos, pasámolos a uns gráficos nunha folla de cálculo. Así quedan moi claros os resultados. Traballamos no noso ultraportátil e no ordenador da profe e na pantalla. ¡Está chupado! E coma sempre, os resultados moi favorables, aínda que podemos tirar conclusións para mellorar TODOS e TODAS!! ; )

1 comentario:

  1. Pois si que están atarefados!!!! Seguro que o fan fenomenal. Vese que están moi concentrados. Un bico.

    ResponderEliminar