O día 30, 31 de maio e 1 de xuño, fomos de excursión os
cursos de 5º e 6º de Primaria coas profes Rosana e Feli, a Cabeza de Manzaneda.
Saímos ás 9 da mañá, fixemos unha paradiña para tomar un bocadillo nunha área recreativa de Quiroga.
Chegamos ao noso destino á
unha da tarde. Acomodámonos nos apartamentos e a continuación comemos no
autoservizo.
Pola tarde tivemos tiro con arco con Julia, a nosa primeira monitora; e piscina, vixiados polos atentos ollos de Iran. A
continuación ceamos e ás 10 da noite, velada con Asur e outros monitores, o xogo
osos e tolos.
Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías.
Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías.
Alejandro ouveou... e os lobos CONTESTARON!!! |
O último día fixemos sendeirismo percorrendo varios
quilómetros pola montaña de Manzaneda.
Álex, o monitor, foinos ensinando o nome dalgunhas plantas e
animais, e o coidado que debemos ter cando saímos ao bosque: protexernos a pel,
levar auga, non facer lume, non maltratar os animais, etc. Pola tarde, escalada, con Asur e Alejandra.
E por fin, de volta para a casa.
O que máis lle gustou a 5º foi:
- Karts
- Piscina
- Discoteca
Por certo..., non vos ensinamos como cargabamos pilas entre actividade e actividade...
No hay comentarios:
Publicar un comentario