jueves, 19 de abril de 2012

ABRIL, MES DOS LIBROS


Como sabedes, o pasado 2 de Abril foi o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Estabamos de vacacións, pero non por iso deixamos de recordar a H.C. Andersen, ese famoso escritor de libros infantís que tanto nos gustaron cando eramos máis pequenos e que, aínda agora, nos gustan. Fixemos actividades no ordenador e aproveitamos para ler algúns dos seus contos na Hora de Ler. Fixemos tamén fichas do NOSO LIBRO FAVORITO, que penduramos na cortiza da entrada, e estes últimos días elaboramos un conto por aula que leremos e contaremos o vindeiro día 23 na nosa Biblioteca.
Se queredes, podedes acceder desde aquí aos seus contos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario