martes, 29 de noviembre de 2011

OS NOSOS BOSQUES


Parece que charlas coma esta son importantes. O 25 deste mes xuntámonos os 2º e o 3º ciclos para escoitar unha charla sobre OS BOSQUES. Non pensedes que sabiamos tantas cousas; algúns incluso dubidabamos á hora de contestar ¿Que é un bosque? Pero cremos que ao final conseguimos o obxectivo: saber que é un bosque, coñecer os tipos de bosque e darnos conta da importancia de coidalos. É necesario para todos, polo noso benestar, pola nosa saúde e pola saúde do planeta preservar estes espazos naturais que tantas veces estropeamos.
Tamén recordamos o libro "No corazón da fraga", de Francisco Xavier Fernández Naval, ilustrado por Suso Cubeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario