Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que destacaron ou destacan na historia por ser pioneiras no seu campo. O traballo tivo unha parte de documentación na que recorremos a, polo menos, dúas fontes: algún dos libros sobre mulleres da exposición da Biblioteca, e outra de Internet. Coas imaxes desas mulleres, tiradas da rede e os datos recollidos en ambas fontes, elaboramos unha presentación en Impress, que logo amosamos aos nosos compañeiros en tres sesións, nas cales tivemos de invitados aos nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º.
E este é o listado das mulleres sobre as que investigamos:
* Iria: Amelia Earhart, aviadora estadounidense, a primeira en tentar a primeira viaxe en avioneta arredor do mundo.
* Laura: Diane Fossey, zoóloga que adicou o seu labor científica a estudar e defender os gorilas no seu hábitat.
* Marta: Cheryl Bridges, atleta estadounidense que bateu o récord da maraton en varias ocasións.
* Gaia: Coco Chanel, deseñadora de alta costura francesa. Revolucionou a moda feminina.
* Diego: Ella Fitzgerald, cantante de Jazz."A Raíña do Jazz".
* Marcos: Audrey Hepburn, actriz na época dourada do cine en Hollywood, e activista belga, que adicou gran parte da súa vida a Unicef.
* Martín: Valentina Tereshkova, 1ª astronauta en viaxar ao espazo, despois de Yuri Gagarin.
* Nuria: Annette Kellerman, nadadora profesional australiana, actriz, escritora e emprendedora. A primeira muller en utilizar un deseño propio de bañador dunha soa peza.
* Paula: Alice Blanchet, pioneira do cine. Primeira persoa en realizar unha película.
* Juan: Violeta Parra, cantautora, pintora, escultura e ceramista chilena. Gran divulgadora do folklore de América do Sur.
* Keira: María Callas, soprano grega considerada a cantante de ópera máis importante do século XX.